Sandra Vázquez Agra (A Coruña, 1987) leva 10 anos trallando no mundo forestal e, na actualidade, dirixe unha explotación forestal privada. Trala crise do ladrillo, e para acadar o seu soño de “contribuir á natureza e facer dela a súa oficina” compaxinou os seus estudos de técnico forestal en Valencia co traballo nesta explotación forestal.

O seu propósito é conseguir un beneficio ambiental para a contorna e que a xestión forestal permita obter madeira de calidade, deste xeito a finca será sustentable económica e medioambientalmente e “poderei xubilarme aquí”, sinala. A madeira que axuda a producir de xeito sostible ten destinos como a construción de barcos, bateas ou pezas de rehabilitación.

Para obter unha madeira de calidade, “o único segredo é aplicar as técnicas da selvicultura”, indica. Nunha parcela hai que programar o traballo segundo as “características do solo, a orientación, realizar podas e promover a biodiversidade, nada de monocultivo”, subliña.

Define a selvicultura como unha forma de educar a árbore, na que a poda dos primeiros anos é unha guía para que creza recta para obter madeira de calidade de xeito sustentable. Nunha mesma parcela poden vivir distintas especies e alturas: “está demostrado que a calidade da madeira é boa e unas especies se axudan unas a outras”, indica.

Defende o aproveitamento total dunha mesma árbore “da que se pode obter madeira para serrar, biomasa ou leña. Leva máis tempo pero é a maneira máis eficiente de xestionala”.

A xestión forestal sustentable é rendible

A explotación forestal que dirixe vai polo III Plan de ordenación e xestión forestal. Explica que é “unha ferramenta moi útil para controlar o monte, poder vender madeira certificada e facer as cousas ben”.

Abandeirada da biodiversidade, explica que no seu caso as frondosas e as zonas de reserva representan o 20% da superficie e o resto se reparten entre plantacións de pino, eucalipto e bosques de bidueiras, carballos, castaños, sequollas ou hallas.

Esta xestión permite fixar poboación no rural, xa que todos os traballadores son da zona, así como os consumos para o mantemento da explotación. A madeira véndese en serradoiros da contorna e do resto de Galicia en función do destino final que se lle vaia dar.

O futuro é de madeira

Fearmaga realizou un conxunto de audiovisuais nos que, a construción dun barco de madeira é o fío condutor para presentar o impacto no territorio da industria forestal, a través dos aproveitamentos forestais, a transformación da madeira e a construción de barcos.

Unha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), adscrita á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Fearmaga  é  unha organización  sen ánimo de lucro que representa e  defende os intereses dos serradoiros e rematantes galegos. Desde a súa fundación, hai 40 anos, a federación promociona e impulsa a  competitividade de todas as empresas que forman este sector. Aglutina a preto de 350 empresas, o que representa ou 75% das rematantes de  madeira e das industrias de aserrado que dan emprego directo a 7.000  profesionais na nosa comunidade.