
CELEBRACIÓN DA ASEMBLEA XERAL (26/10/2019)
A Asociación Provincial Ourensá da Madeira “APROUMA”, celebrou a súa asemblea anual o 26 de outubro do 2019, en Quintela, o encontro serviu para examinar de maneira detallada os temas máis relevantes que afectan diariamente o desenrolo da actividade do noso sector.
O Presidente, relatou co apoio dun informe entregado a todos os presentes e no que se recollen desglosados e de xeito pormenorizada as reunións e accións feitas nos catro niveis de actuación nos que FEARMAGA, en nome e representación de APROUMA, desenvólve a sua actividade: relacións institucionais e actividades de representación, servizos directos ao asociado, accións formativas e de coñecemento sectorial e comunicación.
Rematada a exposición, o Sr. Presidente realizou unha pequena reseña dos logros acadados por FEARMAGA nos derradeiros tempos e que pola urxencia e quefaceres do día a día non nos paramos a tomar en valorar.
Comentarios recientes