07/11/2018 Ordenanza para a protección dos camiños e vías publicas municipais do Concello de Ames

Comunicación previa

Para realizar talas, excepto de árbores ornamentais illadas, será obrigatorio presentar unha comunicación previa no Concello, cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao inicio dos traballos.

Na comunicación previa deberá constar:

  1. Identificación do propietario das parcelas. En caso de ser varias as parcelas identificaranse os propietarios de todas elas.
  2. Identificación dos vehículos a utilizar (marca, modelo, matrícula e bastidor), e documentación xustificativa.
  3. Identificación nun plano de catastro ou do SIXPAC das parcelas ou referencias catastrais das mesmas, así como indicación do lugar de depósito da madeira á espera da súa saca, e viais polos que se circulará.
  4. Data prevista de inicio e remate dos traballos.
  5. Póliza do seguro de responsabilidade civil dos vehículos e da empresa madeireira ou empresario individual, e xustificante do abono do mesmo no ano en curso.
  6. Xustificante do depósito de garantía, en base ao regulado no art. 10 da presente ordenanza.

Fianza

A garantía constituirase en calquera das formas establecidas na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público . O seu importe será de 1500 € se ningún dos vehículos supera as 16 t de MMA ou de 3000 € en caso contrario.

A garantía será reintegrada ou cancelada a solicitude do interesado e previa comprobación polo concello da inexistencia de danos nas vías e camiños municipais.

Entrada en vigor: 08/11/2018.

Texto completo publicado no BOP nº 212 do 07/11/2018