15/01/2018 Ordenanza reguladora das operacións forestais de corta, depósito e transporte de madeira no Concello de Maside

AUTORIZACIÓN: presentaranse como mínimo un mes antes do inicio dos traballos de corta e a falta de resolución expresa nese prazo entenderase denegada a autorización. Debe empregarse impreso formalizado e facer constar a seguinte información:

  • NIF, nome completo e domicilio fiscal da persoa ou entidade, e domicilio a efectos de notificación de ser diferente. No caso de ser persoa xurídica, documento auténtico onde consten as identidades dos administradores e do representante legal da entidade.
  • Referencia e plano catastral das parcelas.
  • Lugares, días e horarios no que se van desenvolver os traballos.
  • Copia da autorización de corta da autoridade forestal ou, de non ser precisa, declaración responsable do cumprimento da normativa forestal vixente.
  • Copia dos permisos de circulación do vehículo ou conxunto de vehículos ou documento oficial no que conste a MMA.
  • Xustificante de depósito de fianza.
  • Documento acreditativo de ter constituída unha póliza de responsabilidade civil.

FIANZA: por calquera dos procedementos establecidos pola lexislación vixente por importe de:

  • MMA vehículo máis pesado ≤ 16 t : 1.600,00 €
  • MMA vehículo máis pesado > 16 t : 3.500,00 €

O prazo para a devolución da fianza será de 2 meses dende a finalización dos traballos, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais.

ENTRADA EN VIGOR: 15/02/2018.

Texto completo publicado no BOP nº 11 do 15/01/2018