20/03/2019 Ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais en relación con traballos forestais e similares no Concello de Moeche

Autorización

Para realizar talas de carácter comercial que impliquen o uso de vías municipais de Moeche, será obrigatorio presentar nas oficinas municipais unha solicitude de autorización no modelo normalizado, cunha antelación mínima de 10 días ao inicio dos traballos.

O escrito será asinado pola empresa madeireira, debendo constar nel os seguintes datos e documentos:

  1. NIF, nome completo e domicilio fiscal da persoa ou entidade, e domicilio a efectos de notificacións.
  2. No caso de ser persoa xurídica: documento auténtico onde consten as identidades dos administradores e do representante legal da entidade.
  3. Referencia e plano catastral das parcelas onde se van desenvolver os traballos.
  4. Lugares, días e horarios en que se van desenvolver os traballos forestais de corta, depósito e transporte da carga, así como os itinerarios e vías municipais que se van utilizar para o transporte.
  5. Copia da autorización do órgano forestal para a realización da corta ou, de non ser precisa, declaración responsable do cumprimento da normativa forestal vixente.
  6. Copia dos permisos de circulación do vehículo ou conxunto de vehículos cos que se van desenvolver os labores ou documento oficial no que conste a súa masa máxima autorizada.
  7. Xustificante de depósito de fianza se procede.

Fianza

A garantía constituirase en efectivo, mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro no primeiro requirimento emitido por entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca. O seu importe será de 1.500,00 € se ningún dos vehículos supera as 16 t de MMA ou de 3.000,00 € en caso contrario. A fianza devolverase no prazo de 2 meses dende que finalice a corta, previo informe dos servizos técnicos municipais.

Pódese substituír o depósito de fianza pola presentación da póliza do seguro de responsabilidade civil da empresa, acreditando a súa vixencia e a cobertura para os traballos a realizar que inclúa os danos a terceiros derivados da actividade da empresa e específicamente cubra os danos en vías e equipamentos públicos.

Entrada en vigor: 21/03/2019.

Texto completo publicado no BOP nº 54 do 20/03/2019