31/10/2018 Ordenanza reguladora da xestión de biomasa e das actividades forestais

Comunicación previa

Para realizar talas, excepto de árbores ornamentais illadas, será obrigatorio presentar unha comunicación previa no rexistro municipal dirixido ao departamento de Medio Ambiente do Concello, cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao inicio dos traballos.

O escrito será asinado pola empresa madeireira, debendo constar nel:

  1. Data na que se procederá á tala e data en que rematarán tódolos traballos (incluíndo a retirada da madeira da parcela e dos residuos resultantes).
  2. Identificación do propietario do monte e do madeireiro, con designación do representante deste no suposto de ser unha persoa xurídica.
  3. Especie de madeira obxecto da tala, así como toneladas a extraer.
  4. Identificación da/s empresa/s encargada/s da tala, depósito, carga e transporte da madeira (razón social, N.I.F., enderezo e teléfono, vehículos cos que se van a realizar).
  5. Xustificante da solicitude de autorización ou declaración responsable.
  6. Xustificante do depósito de garantía. No caso de que non se usen vías ou camiños municipais, substituirase este xustificante por unha declaración xurada do representante da empresa ou madeireiro no que faga constar esta circunstancia.

Pódese facer unha comunicación de tala para varios montes ou parcelas catastrais, cando os traballos vaian a efectuarse de forma simultánea.

 

Fianza

A garantía constituirase en efectivo, mediante aval solidario de duración indefinida, ou seguro de caución. O seu importe será de 2060,18 € se ningún dos vehículos supera as 16 t de MMA ou de 4.120,36 € en caso contrario.

A devolución das garantías deberá ser solicitada polos depositarios, requirindo un informe no que se deixe constancia de que non se produciron estragos nas vías e infraestruturas municipais.

Entrada en vigor: 15/11/2018.

Texto completo publicado no BOP nº 208 do 31/10/2018