09/06/2018 Ordenanza reguladora da corta e saca de madeira do Concello de Rábade

Comunicación previa

Para realizar traballos de corta de madeira, cun volume estimado superior a 8 t, en plantacións forestais do municipio de Rábade, será obrigatorio presentar nas oficinas municipais unha comunicación previa por escrito, cunha antelación mínima de 3 días.

O escrito será asinado pola empresa madeireira, debendo constar nel os seguintes datos (o Concello dispón de modelo normalizado):

  1. Datos identificativos da do propietario forestal e da empresa madeireira: denominación, NIF, enderezo, teléfono e nome e apelidos do responsable da empresa.
  2. Especie de madeira obxecto da corta e volume de madeira que se prevé extraer.
  3. Nome das fincas ou montes afectados, lugar e parroquia. Identificación en plano catastral
  4. Datas previstas de inicio e remate dos traballos.
  5. Vehículos e maquinaria a empregar nas operación de corta e saca.
  6. Lugar onde se depositará a madeira á espera da súa carga.
  7. Vías a empregar e data prevista para o transporte da madeira, incluíndo reportaxe fotográfica do estado previo das mesmas.
  8. Sistema previsto para a limpeza das vías públicas afectadas polas operacións de corta e saca de madeira.
  9. De ser o caso, fotocopia compulsada do permiso, autorización ou licenza de corta expedido pola autoridade competente.
  10. Fotocopia compulsada do seguro de responsabilidade civil e do último recibo pagado.

Fianza

No caso de que a empresa non dispoña de seguro de responsabilidade civil deberá constituír fianza en metálico ou aval bancario a prol do Concello na contía fixada polos servizos técnicos municipais.

Entrada en vigor: 11/06/2018.

Texto completo publicado no BOP nº 131 do 09/06/2018