O Concello de Lugo e Fearmaga colaboran un ano máis na difusión entre os mais pequenos do valor medioambiental, social e económico da madeira, mostrando as vantaxes desta materia prima na loita contra o cambio climático a través de sesións de contacontos dirixidas ás familias de Lugo.

Despois do éxito das sesións do pasado verán, os tres porquiños difundirán de novo valores medioambientais coas súas historias a través de catro sesións de contacontos musicais dirixidas polos contacontos Cris de Caldas e Xabi do Camiño.

As sesións, orientadas ao público infantil a partir dos 3 anos, terán lugar os días 10 e 11 de setembro na área dedicada ao Souto do noso Bosque, en dúas quendas de mañá e tarde ás 12.00 e 17.30 horas cada día. O acceso á actividade é de balde, previa inscripción a través do enderezo electrónico lifealcaldia@lugo.gal.

Coma en edicións anteriores, todos os nenos e nenas participantes nas sesións recibirán exemplares do conto asi como material divulgativo e didáctico complementario da iniciativa.

O conto dos tres porquiños, ben contado

Ilustrado  por Blanca Millán, o conto ‘Aventuras no Bosque de Maruxa, Xaquin e Fuco’ é unha versión máis sostible da orixinal, onde se explica como os bosques frean o cambio climático porque capturan CO2 e reducen a contaminación, son ecosistemas que promoven a biodiversidade de animais e árbores, e proporcionan alimentos.

O fututo é de madeira

Esta iniciativa desenvólvese cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal.