Ante o éxito das convocatorias anteriores, FEARMAGA organizará unha nova edición do curso de loxística no sector forestal, que se se celebrará do 19/07/2021 ao 30/07/2021, na modalidade telemática.

No curso trataranse contidos teórico-prácticos a través de videoconferencia a tempo real,  na que participarán de xeito simultáneo docente e alumnado.

O curso será valido para puntuar nas subvencións FEADER e 2ª Transformación-Valorización.

Recordamos que a formación impartida por FEARMAGA ten carácter gratuito para os asociados, polo que de estar interesado en participar é necesario reservar praza no teléfono 981568390 ou a través do correo  informacion@maderasdegalicia.com