Conscientes da importancia que ten para as empresas a planificación, execución e control dos produtos que se entregan aos clientes, na cantidade, calidade e tempos correctos, ofertamos esta nova acción formativa co obxetivo de que as empresas socias podan contar coas ferramentas necesarias para garantir o mellor servizo aos seus clientes e reducir así os costes dos seus procesos facendose cada vez máis competitivas.

O curso será valido para puntuar nas subvencións FEADER e 2ª Transformación-Valoración. Celebrará do 06/04/2021 ao 16/04/2021, na modalidade telemática

No curso trataranse contidos teórico-prácticos a través de videoconferencia a tempo real,  na que participarán de xeito simultáneo docente e alumnado.

Recordamos que a formación impartida por FEARMAGA ten carácter gratuito para os asociados, polo que de estar interesado en participar é necesario reservar praza no teléfono 981568390 ou a través do correo  informacion@maderasdegalicia.com