Elier Ojea, presidente de Fearmaga, participou esta mañá no programa Galicia por Diante da Radio Galega para expoñer o compromiso da industria coa prevención de riscos laborais.
O Presidente destacou a necesidade de promover a cultura da seguridade laboral e a sensibilización, tanto das empresas como dos traballadores. Ademais, subliñou a importancia do emprego de equipos de protección adecuados así como da formación en boas prácticas.
A este respecto, puxo en valor a labor que está a desenvolver o grupo de traballo de prevención de riscos laborais no sector forestal do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia – ISSGA , do que forma parte Fearmaga, con iniciativas como a elaboración de fichas con recomendacións preventivas de actuación para os traballos que se desenvolven ante árbores apoiadas, enganchadas e sentadas
Escoitar declaracións completas
Comentarios recientes