GALIFOREST ABANCA: SEXTA EDICIÓN MONOGRÁFICO FORESTAL GALIFORESTA ABANCA.
A organización ultima unha gran cita que se abrirá a toda a cadea monte-industria e que poñerá en contacto durante tres días a empresas, institucións e profesionais.
Será do 30 de xuño ao 2 de xullo, de novo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (en Boqueixón, moi próximo a Santiago de Compostela).
A súa área expositiva contará coa presencia das firmas máis importantes do sector, as cales mostrarán as súas últimas innovacións tecnolóxicas e novos proxectos. Así mesmo, o seu programa reforzará o interese das xornadas, con temas de actualidade que se someterán a debate por parte de destacados especialistas. Ademais, incorporará novas actividades que se sumarán a outras xa consolidadas, como as demostracións, os talleres e o seu recoñecido Concurso de Innovación.
Todo isto no mellor lugar posible: un monte moi ben comunicado, con fácil acceso e excelentes infraestruturas no que se poderá ver en funcionamento a maquinaria exposta.
Encontrará toda a información desta edición 2022 en www.galiforest.com
Como novidade en este ano, FEARMAGA estará presente cun stand expositivo, ten a súa disposición a invitación para acceder de xeito gratuíto. Para usar as invitacións hai dous modos de empregalas:
-Rexitrarse en www.app.galiforest.com. Recibirá por mail a acreditación que deberá presentarse no control de acceso, impresa ou en teléfono.
– Imprimir la invitación, cubrir os datos e presentalo no control de acceso.
Comentarios recientes