l

 

28/01/2021: CORRECCIÓN DE ERROS: A Entidade xestora destas poxas informa dun erro cos volumes dos lotes Entenza 1/2021  e Entenza 2/2021. Xa están correxidos no documento adxunto.

A Asociación Forestal de Galicia anuncia a convocatoria dunha poxa de aproveitamentos madeirables dun total de 5 lotes nas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga -Mos- e Entenza -Salceda- (Pontevedra).

Os tipos base de licitación son os indicados no Anuncio anexo, non admitíndose ofertas por debaixo dos valores indicados.

O Prego de Condicións atópase dispoñible na Oficina da Asociación Forestal de Galicia no Centro Cultural de Xinzo en Ponteareas.

A apertura de plicas, levarase a cabo o venres día 19 de febreiro de 2021 ás 20:00 horas no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas). A asistencia persoal dos licitadores á poxa é requisito necesario para poder ser adxudicados os lotes.

Presentación de ofertas: as ofertas presentaranse dende o día 15 de febreiro ata o día 19 de febreiro de 2021, na oficina da Asociación Forestal de Galicia, sita no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas), en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.

Establécese unha fianza do 10% do valor de alleamento do aproveitamento madeirable. Esta fianza farase efectiva no acto de adxudicación provisional.

A información das persoas responsables de amosar a localización do lote e outros datos é:

o CMVMC de Tameiga: Gonzalo 639.854.710
o CMVMC de Entenza: Jorge 615.863.026

(Máis información no Anuncio anexo).