Ao longo do ano 2019 FEARMAGA, executou 11 cursos dentro do seu Plan Formativo, que permitiron a un total de 124 profesionais do sector ampliar os seus coñecementos, teóricos e prácticos.

Esta formación específica promove a capacitación profesional e mellora a produtividade e competitividade das empresas do sector, contribuindo, tamén, á prevención de riscos laborais.

A temática impartida fui:

  • Posta en marcha e mantemento da motoserra. 
  • Inventarios de vexetación. 
  • Manexo de tractores forestais. 
  • Manexo e mantemento de colleitadoras. 
  • Simulador procesadora e autocargador. 
  • Formación nas TIC: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal. 
  • Secado da madeira e NIMF-15. 
  • Uso estrutural da madeira

 Estes cursos, ademais, son válidos para as subvencións FEADER e VALORIZACIÓN.