Á volta do verán retomaremos o Plan de Formación de FEARMAGA para mellorar as capacidades dos traballadores das empresas do sector. Polo que xa está aberta a inscrición para impartir as seguintes formacións técnicas, con todas as medidas de hixiene e seguridade fronte á covid19:

 

  • Posta en marcha da motoserra (20h): 21, 22 e 23 de outubro
  • Formación serrado e afilado para serradoiros (20h): 28, 29 e 30 de setembro e 1 de outubro
  • Tecnoloxía da segunda transformación da madeira (10h): 6 de outubro
  • Marcado CE da madeira serrada estrutural (8h): 7 de outubro
  • Ferramentas informáticas no teletraballo (20h): 14, 15 e 16 de outubro