Obrigas dos axentes consonte ao Regulamento EUTR 995/2010 e as comunicación anuais no RESFOR

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal organiza estas xornadas, que serán impartidas polo Xefe de Servizo da Propiedade Forestal, Odón López López, en horario de 11:00 a 13:00 h. O obxectivo das mesmas é explicar as obrigas dos axentes en materia de comercialización da madeira e de produtos de madeira consonte ao Regulamento EUTR 995/2010 e as comunicación anuais no Rexistro de Empresas Forestais de Galicia (RESFOR):

  •  Martes 24/09/2019: Pontevedra, salón de actos do edificio administrativo (Avd. Mª. Victoria Moreno, 43)
  • Xoves 26/09/2019: Lugo, salón de actos do edificio administrativo (Ronda da Muralla, s/n)
  • Martes 01/10/2019: A Coruña, salón de actos do edificio administrativo (Edif. Admtvo. Monelos)
  • Xoves 03/10/2019: Ourense, salón de actos do edificio administrativo (Rúa Villaamil y Castro, s/n)

 O programa previsto é o seguinte:

     11:00: Presentación RESFOR: marco legal. Conceptos básicos. Dilixencia debida e regulamento EUTR.

    11:30: Proceso de presentación da alta e comunicación anual de datos na Sede Electrónica da Xunta.

    ​12:15: Rogos e preguntas.

    13:00: fin da xornada (poderase prolongar ata as 14:00 se é necesario).