Fearmaga organiza o curso “Manexo de pás cargadoras e manipuladora de elementos en aserradoiro” : 14 e 24 de setembro.
Acción formativa eminentemente práctica en aserradoiro, ten como obxectivo formar aos profesionais do sector da primeira transformación da madeira de Galicia no manexo de pás cargadoras e manipuladoras de elementos. Co fin de facilitar a participación dos profesionais e minimizar a incidencia sobre a actividade produtiva do aserradoiro, os alumnos distribuiranse en dous grupos reducidos. Deste xeito, a formación impartirase nunha única edición pero organizada ao longo de dúas xornadas de traballo.