Sinistralidade 0.0

NORMATIVA E LEXISLACIÓN

Accede á normativa e mantente actualizado sobre a prevención de riscos laborais.

Normativa con obrigada aplicación en diferentes ámbitos: Comunidade Europea, España e no ámbito rexional (Galicia).

Normativa PRL

MATERIAIS DIVULGATIVOS

Documentación técnica

Documentos técnicos elaborados polo grupo de traballo de prevención de riscos laborais no sector forestal do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia – ISSGA formado por técnicos do ISSGA, dos servizos de prevención propios de empresas do sector da madeira de Galicia e de Fearmaga.

Os documentos inclúen consellos no ámbito da prevención de riscos laborais para os traballos que se desenvolven ante árbores apoiadas ou enganchadas e sentadas, así como recomendacións preventivas de actuacións en traballos forestais ante a presencia de vespas asiáticas (velutina).

Planificación de actividades

Documentos de planificación de aproveitamentos forestais dirixidos ás empresas do sector e dispoñibles para descarga.

Revisión de maquinaria

Documentos de control de revisións preventivas para maquinarias de aproveitamentos forestais dirixidos ás empresas do sector e dispoñibles para descarga.

Aplicación ‘Alertas ISSGA’

Aplicación para teléfonos móbiles que inclúe as alertas desenvolvidas polo ISSGA. Dispoñible para a súa descarga de balde en Play Store.

Prevención de riscos laborais nas redes

A campaña ‘Sinistralidade 0.0’ posta en marcha por Fearmaga ten como obxectivo difundir entre os traballadores mensaxes sobre prevención de riscos laborais.

No marco  desta campaña, profesionais do sector protagonizan videoconsellos en situacións reais para sensibilizar sobre PRL e difundidos a través das redes sociais. Os vídeos céntranse en 5 aspectos ou momentos clave da actividade forestal:

1. Planificar os traballos.

2. Prever os posibles riscos.

3. Localizar os traballos forestais.

4. Formar en PRL.

5. Protexerse de forma adecuada con equipos de protección individual.

DOCUMENTACIÓN TÉCNICA E DE SENSIBILIZACIÓN

Co financiamento da Xunta de Galicia.