A secretaria xeral de Fearmaga participará na mesa sectorial Retos e solucións para un territorio intelixente do proxecto ULTREIA GALICIA organizadas polas confederaciones de empresarios provinciais
ULTREIA é un evento clave para as empresas e emprendedores das provincias, e que nace co propósito de dinamizar o ecosistema emprendedor galego. Organizado polas Confederación de Empresarios de provincias galegas, co impulso da Xunta de Galicia, ULTREIA busca poñer en valor a innovación e o crecemento das ideas e proxectos no noso territorio. Dentro do marco deste evento, terán lugar as mesas sectoriais de Retos e solucións para un territorio intelixente, que serán unha oportunidade para identificar os principais retos para cada sector estratéxico na sua provincia, e involucrar ás empresas tractoras que lideran o crecemento da rexión na solución dos mesmos.