• RECORDATORIO IMPORTANTE: PRÓXIMA CONVOCATORIA DE AXUDAS FEADER 2019 E NOVO BAREMO

A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) convocará próximamente as axudas FEADER 2019 para serradoiros e rematantes.

Haberá novidades no baremo de aplicación que incluirá moitas das propostas formuladas por FEARMAGA: incremento da puntuación das procesadoras (igual á dos autocargadores), mantemento da puntuación das empresas da zona demarcada polo nematodo, eliminación da valoración do importe do volume de ventas e de contratos para facilitar o acceso ás axudas das pequenas empresas, etc.

Coma de costume, FEARMAGA tramitará estas subvencións con condicións vantaxosas para os seus asociados. Se precisan información adicional, contacten co noso departamento técnico.

                                    

  • RECORDATORIO IMPORTANTE: PRÓXIMA CONVOCATORIA DE AXUDAS VALORIZACIÓN 2019

A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) convocará próximamente as axudas para a valorización das pemes da industria forestal. Esta liña de axudas está dotada con fondos propios da Xunta de Galicia e, atendendo a unha demanda de FEARMAGA, permitirá que os procesos de serra que non teñen cabida en Feader poidan ser beneficiarios de axudas.

FEARMAGA tramitará estas subvencións con condicións vantaxosas para os seus asociados. Se precisan información adicional, contacten co noso departamento técnico.

 

  • CALENDARIO LABORAL PARA EL AÑO 2019 DEL CONVENIO COLECTIVO SECTORIAL DE REMATANTES, ASERRADORES Y ALMACENISTAS DE MADERA DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA:

Informamos que con fecha 29 de noviembre de 2018, se publicó en el Boletín Oficial de la provincia de A Coruña (BOPCO), nº 228, el Calendario Laboral para el año 2019 del convenio colectivo sectorial de rematantes, aserradores y almacenistas de madera de la provincia de A Coruña, que les fue remitido en la circular del pasado día 21/11/2018.

 

  • DEMANDA MADERA DE  ARCE O DE ABEDUL LAMINADA:

A empresa VIGTAB www.vigtab.com demanda láminas de madeira de pradairo (arce/maple), bidueiro ou bambú, ainda que tamén lles valería outra que tivera as mesmas propiedades.  As láminas deben ter arredor dos 1,5 mm de grosor.

Desde a empresa infórmannos que: “Para a fabricación de táboas de skate e de longboard (patinetes) encolamos e prensamos 7 ou 9 destas láminas para facer táboas que poden ir dos 150 aos 55 cm de longo e dos 25 aos 15 cm de largo”, así mismo destacan que “sería importante para nós que a esta materia prima fora de bosques galegos e de explotacións sostibles”.

En caso de estar interesado nesta demanda, pode contactar con: Alex Álvarez, no correo electrónico

alex@vigtab.com ou no telefono 620466446.

 

  • INFORMACIÓN PARA AS EMPRESAS QUE IMPORTEN MADEIRA DO REINO UNIDO:

A partires do 30/03/2019, o Reino Unido deixará de ser un país membro da UE a tódolos efectos. As empresas que importen madeira do Reino Unido (con independencia de onde fose esta cortada orixinalmente) estarana introducindo por primeira vez na UE e adquirirán, a efectos de do Regulamento (UE) 995/2010 – EUTR, as obrigas previstas para os axentes. Ver advertencia UE.