25/01/2018 Ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños municipais en relación coas operacións forestais, accesos ás fincas e conservación das mesmas

COMUNICACIÓN PREVIA: da tala con oito días hábiles de antelación. Debe facerse constar a seguinte información:

  • Identificación do propietario do monte e do madeireiro, con designación do representante deste, no suposto de ser persoa xurídica.
  • Especie de madeira obxecto da tala e toneladas a extraer
  • Identificación nun plano do catastro ou SIXPAC do monte afectado e referencia catastral do mesmo, así como indicación do lugar de depósito da madeira á espera da súa saca e vías a utilizar para o transporte da madeira.
  • Datas prevista do inicio e remate dos traballos.
  • Identificación da empresa/s encargada/s da tala, depósito, carga e transporte da madeira (razón social, NIF, vehículos que van realizar as operacións de depósito, carga e transporte así como indicación da súa marca, modelo, segundo modelo oficial.
  • Xustificante da solicitude de permiso de tala achegado previamente ante a Consellería competente en materia forestal, segundo modelo oficial.
  • Modelo, matrícula e MMA dos vehículos e maquinaria a empregar.
  • Xustificante do depósito da garantía.

Poderase facer unha comunicación previa para varios montes cando os traballos se vaian realizar simultaneamente.

FIANZA: en efectivo, mediante aval bancario ou seguro de caución:

  • Vehículos con MMA inferior a 16 t: 1500 € ou seguro de responsabilidade civil por unha contía non inferior a 50.000 €
  • Vehículos con MMA igual ou superior a 16 t: 3000 € ou seguro de responsabilidade civil por unha contía non inferior a 75.000 €

 

INSPECCIÓNS COMPROBATORIAS:

Unha vez presentada a solicitude e a documentación completa, a policía local comprobará, en base a documentación aportada na comunicación previa, o estado físico dos camiños e vías que vaian ser utilizados, obtendo as fotografías que sexan pertinentes para acreditar a súa realidade física. Unha vez realizada a inspección e á vista do informe pertinente o Concello comunicará ao promotor o prazo para realizar os traballos.

ENTRADA EN VIGOR: 26/01/2018.

Texto completo publicado no BOP nº 18 do 25/01/2018