O ISSGA organiza 6 Cursos de Prevención de Riscos Laborais no manexo de motoserra.

Os cursos, de 20 horas de duración, son gratuítos e están abertos a calquera persoa interesada en realizados, aínda que terán prioridade aquelas persoas relacionadas co sector.

Os lugares e datas nas que se impartirán os cursos son:

  • Cervo do 16 ao 20 de setembro. Horario de 16:00 a 20:00
  • Outeiro de Rei do 23 ao 27 de setembro. Horario de 16:00 a 20:00
  • Riveira do 30 de setembro ao 4 de outubro. Horario de 16:00 a 20:00
  • Carballiño do 7 de outubro ao 11 de outubro. Horario de 16:00 a 20:00
  • Cangas do 14 de outubro ao 18 de outubro. Horario de 16:00 a 20:00
  • Frades do 21 ao 25 de outubro. Horario de 16:00 a 20:00

Os interesados, teñen que remitir a ficha de inscrición (acceda aquí)poner link a nuestra web cumprimentada xunto con unha copia do DNI a  formacion@conformaforestal.com ata 5 días antes do inicio do curso.

No caso de que se atopen no grupo con prioridade para participar na acción formativa deberán de adxuntar tamén o documento que acredite dita prioridade (vinculación laboral coa actividade ou formación relacionada coa actividade). Adxuntamos ficha de inscripción e cartel co anuncio da convocatoria. Ver convocatoria

Para calquera consulta ou aclaración, os interesados en participar, poden contactar no 981551704