19/12/2018 Ordenanza municipal reguladora da protección dos camiños municipais en relación coas operacións forestais, accesos ás fincas e conservación delas

Comunicación previa

Para realizar talas (excepto de árbores illadas, uso doméstico ou eliminación dunha situación de perigo) será obrigatorio presentar unha comunicación previa no Concello, cunha antelación mínima de 8 días hábiles ao inicio dos traballos.

Na comunicación previa deberá constar:

  1. Identificación do propietario do monte e do madeireiro, con designación do representante deste, no suposto de ser unha persoa xurídica.
  2. Especie de madeira obxecto da tala, así como toneladas a extraer.
  3. Identificación nun plano de catastro ou do SIXPAC do monte afectado e referencia catastral del, así como indicación do lugar de depósito da madeira á espera da súa saca, e viais a utilizar para o transporte de madeira.
  4. Data prevista de inicio e remate dos traballos.
  5. Identificación da empresa/s encargada/s da tala, depósito, carga e transporte da madeira: razón social, NIF e vehículos cos que se van a realizar as operacións de depósito, carga e transporte, así como indicación da súa marca, modelo, segundo modelo oficial
  6. Xustificante da solicitude de permiso de tala achegado previamente ante a Consellería competente en materia forestal, segundo modelo oficial.
  7. Xustificante do depósito de garantía.

O persoal do Concello comprobará o estado físico dos camiños e vías que vaian ser utilizados, obtendo as fotografías pertinentes para acreditalo. Realizada a inspección e á vista do informe, o Concello comunicará ao interesado o prazo para realizar  os traballos.

Fianza

A garantía constituirase en calquera das formas establecidas na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. O seu importe será de 1500 € se ningún dos vehículos supera as 16 t de MMA ou de 3000 € en caso contrario. A garantía poderase substituír por seguro de responsabilidade civil, por contía non inferior a 50.000 € se ningún vehículo supera as 16 t de MMA ou non inferior a 75.000 € en caso contrario.

Unha vez comunicado o remate dos traballos, a garantía devolverase no prazo de trinta días naturais, previa comprobación polo concello da inexistencia de danos nas vías municipais.

Entrada en vigor: 20/12/2018.

Texto completo publicado no BOP nº 241 do 19/12/2018