Fearmaga abre o prazo de inscrición para o curso presencial “Actuación ante emerxencias e accidentes no sector forestal”, unha acción formativa dirixida a profesionais do sector forestal-madeira interesados en adquirir coñecementos básicos para actuar con rapidez e eficacia ante situacións de emerxencia.

O obxectivo deste curso é proporcionar ao alumnado as nocións fundamentais para reaccionar correctamente ante unha emerxencia ou accidente no ámbito forestal, contribuíndo a mellorar a seguridade no traballo e a capacidade de resposta ante incidencias.

A formación terá unha duración total de 20 horas e desenvolverase en Santiago de Compostela, co seguinte calendario:

📅 15, 16 e 17 de setembro de 2026
🕘 15 e 16 de setembro: de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:00 horas
🕘 17 de setembro: de 9:30 a 13:30 horas

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón: INSCRICIÓN.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición coa maior antelación posible.

Formación cofinanciada pola Xunta de Galicia.