19/03/2018 Ordenanza reguladora das operación forestais de corta, depósito e transporte de madeira no concello de Beariz
AUTORIZACIÓN: para transporte de madeira, previa a cada operación de corta forestal. Solicitarase con un mes de antelación nas dependencias municipais no modelo facilitado ao efecto e facer constar a seguinte información:
- NIF, nome completo e domicilio fiscal e domicilio a efectos de notificación. No caso de ser persoa xurídica, documento auténtico onde consten as identidades dos administradores e do representante legal da entidade.
- Referencia e plano catastral das parcelas onde se van desenvolver os traballos.
- Lugares, días e horarios nos que se van desenvolver os traballos de corta, almacenaxe e transporte da carga.
- Copia da autorización de autoridade forestal para a realización da corta ou, de non ser precisa, declaración responsable do cumprimento da normativa forestal vixente.
- Copia dos permisos de circulación dos vehículos cos que se van desenvolver os labores, ou documentación oficial na que conste a masa máxima autorizada.
- Xustificante de depósito de fianza.
- Documento acreditativo de ter constituída unha póliza de responsabilidade civil.
A falta de resolución expresa por parte do concello no prazo dun mes entenderase como que a solicitude foi denegada.
FIANZA: por calquera medio dos previstos na lexislación. En función da masa máxima autorizada do maior dos vehículos ou conxunto de vehículos:
- Ata 16 t: 1600,00 €
- Superior a 16 t: 3500,00 €
A fianza será reintegrada e/ou cancelada previo informe favorable dos servizos técnicos municipais, unha vez finalizada a corta, no prazo de dous meses.
ENTRADA EN VIGOR: 19/04/2018.
Texto completo publicado no BOP nº 64 do 19/03/2018
Comentarios recientes