13/01/2018 Ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais
COMUNICACIÓN PREVIA: con dez días hábiles de antelación ás operacións de saca de madeira e actividades que leven consigo o tránsito de camións polas vías e camiños de titularidade municipal. Debe empregarse o modelo do Anexo I da ordenanza e facer constar a seguinte información:
- Datos de identificación do madeireiro e do propietario forestal. No caso de ser persoa xurídica, documento auténtico onde consten as identidades dos administradores e do representante legal da entidade.
- Datas previstas de inicio e final dos traballos.
- Identificación de predios ou monte afectado, lugar e parroquia onde se sitúa.
- Especie de madeira.
- Toneladas que se prevé extraer.
- Modelo, matrícula e MMA dos vehículos e maquinaria a empregar.
- Lugares previstos para o depósito de madeira.
- Camiños e vías a empregar.
Acompañarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do NIF do madeireiro.
- Fotocopia da solicitude permiso de corta.
- Ficha catastral das parcelas.
- Plano indicativo dos camiños e vías a empregar.
- Plano indicativo das zonas elixidas para depósito de madeira.
- Xustificante do depósito da garantía.
- Copia do seguro de responsabilidade civil.
Poderase facer unha comunicación previa para varios montes cando os traballos se vaian realizar simultaneamente.
FIANZA: en efectivo ou mediante aval en función da cantidade de madeira extraída:
- Ata 20 t: 150,00 €
- De 20 a 100 t: 350,00 €
- De 100 a 300 t: 650,00 €
- De 300 a 500 t: 1.200,00 €
- De 500 a 700 t: 2.000,00 €
- De 700 a 900 t: 2.500,00 €
- A partir de 1000 t: 3.000,00 €
Tamén será posible depositar, nos 10 primeiros días hábiles do ano, unha garantía anual por importe de 3.000,00 € que cubra tódalas talas a realizar no termo municipal.
INSPECCIÓNS COMPROBATORIAS:
Antes do comezo dos traballos de saca, os servizos técnicos municipais realizarán unha comprobación previa do estado dos camiños e vías que vaian ser utilizados, obtendo as fotografías pertinentes para acreditar a realidade. Unha vez finalizados, deberá emitirse un informe no prazo de 10 días hábiles (a contar dende o seguinte ao previsto como data de finalización no escrito de comunicación previa) no que se deixe constancia do cumprimento ou incumprimento dos deberes dos que a garantía debe responder.
ENTRADA EN VIGOR: 16/01/2018.
Texto completo publicado no BOP nº 10 do 13/01/2018
Comentarios recientes