12/06/2018 Ordenanza reguladora da protección dos camiños públicos, con motivo da execución de tallas, depósito, carga e transporte de madeira no termo municipal
COMUNICACIÓN PREVIA: da tala con quince días hábiles de antelación. Debe facerse constar a seguinte información:
- Data na que se procederá á talla e data en que rematarán todos os traballos (incluíndo a retirada da madeira da parcela e dos restroballos resultantes)
- Identificación do propietario do monte e do madeireiro, con designación do representante deste, no suposto de ser persoa xurídica.
- Especie de madeira obxecto da tala e toneladas a extraer
- Identificación nun plano do catastro ou SIXPAC do monte afectado e referencia catastral do mesmo, así como indicación do lugar de depósito e vías a utilizar para o transporte da madeira.
- Identificación da empresa/s encargada/s da tala, depósito, carga e transporte da madeira (razón social, NIF, vehículos que van realizar as operacións de depósito, carga e transporte así como indicación da súa marca, modelo, matrícula e peso máximo autorizado ou declaración responsable do interesado comprometéndose a presentar esta información cunha antelación mínima de 48 horas ao inicio dos traballos.
- Xustificante do título habilitante da Consellería competente en materia forestal, segundo modelo oficial.
- Autorización sectorial, cando proceda.
- Xustificante do depósito da garantía.
LICENZA: cando a tala se realice en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística, consonte ao modelo normalizado
FIANZA: depositada na Tesourería Municipal en metálico, aval solidario por tempo indefinido ou seguro de caución.
- Vehículos con MMA inferior a 16 t: 1800 € / comunicación de tala
- Vehículos con MMA entre 16 e 24 t: 3600 € / comunicación de tala
- Vehículos con MMA superior a 24 t: 5000 € / comunicación de tala
As garantías poderán ser igualmente esixidas cando a tala se realice noutro termo municipal, pero os vehículos teñan que circular por algún camino titularidade do concello
INSPECCIÓNS COMPROBATORIAS:
Unha vez presentada a comunicación, os servizos técnicos municipais inspeccionarán os viarios e accesos aos montes que vaian ser utilizados. A devolución da fianza requerirá informe dos servizos técnicos municipais de que non foron ocasionados danos nas vías.
ENTRADA EN VIGOR: 13/06/2018.
Texto completo publicado no BOP nº 110 do 12/06/2018
Comentarios recientes