Fearmaga reuniu esta semana en Vigo e Ourense a empresarios da industria forestal-madeira nunha nova edición dos seus encontros informativos organizados para acadar a sinistralidade cero no sector.
Como en anteriores xornadas celebradas en diferentes puntos da xeografía galega, Fearmaga fixo entrega aos asistentes de documentos de recomendacións preventivas ante actuacións que conlevan un elevado risco e carteis para mellorar a sinalización dos traballos no monte.
Os documentos de recomendacions foron deseñados no Grupo de traballo técnico no sector forestal do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), do que forma parte Fearmaga xunto con empresas referentes do sector como Finsa ou Ence, que axudan a impulsar ás pemes e ao persoal autónomo na mellora e aplicación de ferramentas preventivas.
A cartelería entregada durante as xornadas está dirixida aos traballadores do sector e ás persoas alleas aos traballos forestais. Os carteis advirten da presenza de traballos forestais ao persoal alleo aos aproveitamentos silvícolas e ao mesmo tempo informan os profesionais de pautas de seguridade, riscos, recomendacións preventivas ou uso de EPIs.
Participaron nos encontros unha veintena de empresarios das provincias de Pontevedra e Ourense, acompañados do presidente de Fearmaga, Elier Ojea, e a secretaria xeral, Ana Oróns, que recordou o elevado número de traballadores de idade avanzada e o elevado peso dos autónomos dentro da tipoloxía das empresas que conforman o sector, que xeran valor e riqueza nas áreas rurais da nosa comunidade.
Compromiso coa prevención de riscos laborais no monte
A través destas xornadas informativas, Fearmaga continúa co seu compromiso pola sensibilización sobre a prevención de riscos laborais en sector. No ano 2022 puxo en marcha a campaña ‘Sinistralidade 0.0 no sector forestal’ no que a través de microvídeos traballadores do sector analizaron situacións reais no monte durante os traballos dos aproveitamentos forestais. Os vídeos poden visualizarse na canle de Youtube de Fearmaga.
Esta iniciativa desenvólvese co finanzamento da Xunta de Galicia.
Comentarios recientes