Fearmaga reuniu en Santiago de Compostela a empresarios da industria forestal-madeira nunha nova xornada informativa centrada na prevención de riscos laborais no sector forestal, co obxectivo de traballar pola sinistralidade cero.

Fearmaga fixo entrega aos asistentes de documentos de recomendacións preventivas ante actuacións que conlevan un elevado risco e carteis para mellorar a sinalización dos traballos no monte, unos dos aspectos esenciais da prevención e seguridade da actividade forestal.

Os documentos de recomendacions foron deseñados no Grupo de traballo técnico no sector forestal do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), do que forma parte Fearmaga xunto con empresas referentes do sector como Finsa ou Ence, que axudan a impulsar ás pemes e ao persoal autónomo na mellora e aplicación de ferramentas preventivas.

A cartelería entregada durante a xornada está dirixida aos traballadores do sector e ás persoas alleas aos traballos forestais. Os carteis advirten da presenza de traballos forestais ao persoal alleo aos aproveitamentos silvícolas e ao mesmo tempo informan os profesionais de pautas de seguridade, riscos, recomendacións preventivas ou uso de EPIs.

O encontro contou coa participación da secretaria xeral de Fearmaga, Ana Oróns, que lembrou as particularidades do sector forestal galego e a necesaria formación en prevención de riscos laboráis. Recordou o elevado número de traballadores de idade avanzada e o elevado peso dos autónomos dentro da tipoloxía das empresas que conforman o sector, que xeran valor e riqueza nas áreas rurais da nosa comunidade. Segundo o IGE, as empresas da industria forestal-madeira galega teñen un peso significativo en 42 concellos rurais, onde representan o 30% das súas industrias.

Nas próximas semanas Fearmaga continuará organizando por diferentes localidades galegas novos encontros para achegar ás empresas formación e información en prevención de riscos laborais no sector forestal.

Compromiso coa prevención de riscos laborais no monte

A través destas xornadas informativas, Fearmaga continúa co seu compromiso pola sensibilización sobre a prevención de riscos laborais en sector. No ano 2022 puxo en marcha a campaña ‘Sinistralidade 0.0 no sector forestal’ no que a través de microvídeos traballadores do sector analizaron situacións reais no monte durante os traballos dos aproveitamentos forestais. Os vídeos poden visualizarse na canle de Youtube de Fearmaga.

Esta iniciativa desenvólvese co finanzamento da Xunta de Galicia.