28/06/2019 – ORDENANZA REGULADORA DO USO COMÚN ESPECIA DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POLAS ACTIVIDADES EXTRACTIVAS DE MADEIRA NOS MONTES E ESPAZOS FORESTAIS DO CONCELLO DE XERMADE

Comunicación previa

Para realizar traballos de corta de madeira, cun volume estimado superior a 20 m3, en plantacións forestais do municipio, como as de outros concellos limítrofes que necesiten o uso de camiños ou pistas do concello de Xermade, será obrigatorio presentar nas oficinas municipais unha comunicación previa por escrito, cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

O escrito será asinado pola empresa madeireira, debendo constar nel os seguintes datos (o Concello dispón de modelo normalizado):

  1. Datos identificativos da empresa madeireira: denominación, NIF, enderezo, teléfono e nome e apelidos do responsable da empresa.
  2. Especie de madeira obxecto da corta e volume de madeira que se prevé extraer.
  3. Nome das fincas ou montes afectados, lugar e parroquia. Identificación catastral
  4. Datas previstas de inicio e remate dos traballos.
  5. Lugar onde se depositará a madeira á espera da súa carga. Camiños e estradas locais a empregar nos traballos e no transporte da madeira

O escrito de comunicación previa acompañarase da seguinte documentación:

  1. Fotocopia da solicitude ou do permiso, autorización ou licenza de corta expedido pola autoridade competente.
  2. Fotocopia do seguro de responsabilidade civil e último recibo
  3. Escrito que contemple as datas previstas de comezo e remate da tala, non superior a un mes.
  4. Fianza, aval bancario ou seguro de caución
  5. Localización gráfica dos lugares onde se depositará a madeira e o itinerario gráfico completo que vai ser empregado, no que se indique as datas da súa utilización por camiño.

Fianza

As empresas deberán depositar unha fianza en metálico, aval bancario ou seguro de caución en favor do concello. A contía da fianza depende do volume de madeira a extraer:

  • Volume de corta inferior a 300 m3: 600,00 €
  • Volume de corta entre 300 m3 e 1000 m3: 1800,00 €
  • Volume de corta entre 1000 m3 e 3000 m3: 5000,00 €
  • Volume de corta superior a 3000 m3: 8000,00 €

Cando a retirada de madeira se realice entre maio e outubro reducirase o importe un 50 %.

Entrada en vigor: 29/06/2019.

 

 

Texto completo publicado no BOP nº 147 do 28/06/2019