Fearmaga levou a cabo o curso “Primeiros auxilios no sector forestal”, unha formación de 20 horas na que os participantes adquiriron coñecementos clave para actuar ante emerxencias no ámbito forestal.
Durante a acción formativa, o alumnado puido non só coñecer os fundamentos teóricos, senón tamén poñer en práctica diferentes situacións reais, fundamentais nun sector no que moitas veces se traballa en contornos illados e de difícil acceso.
Entre os contidos abordados destacan:
- Avaliación da persoa accidentada
- Aplicación do protocolo PAS (Protexer, Avisar, Socorrer)
- Soporte vital básico e uso do DESA
- Actuación ante hemorraxias, traumatismos ou queimaduras
- Organización da evacuación en zonas forestais
Este tipo de formación resulta esencial para garantir unha resposta rápida e eficaz nos primeiros minutos tras un accidente, contribuíndo a minimizar as súas consecuencias.
Desde Fearmaga queremos agradecer especialmente o labor dos docentes Miguel Ángel Pazos Veiga e María Canabal Regueira, de Conforma Forestal, pola súa profesionalidade, implicación e capacidade para trasladar coñecementos prácticos de gran valor para o sector.
En Fearmaga seguimos apostando pola formación como ferramenta clave para mellorar a seguridade e a profesionalización do sector forestal-madeira galego.
Co financiamento de: Xunta de Galicia.
Máis información sobre os cursos organizados por Fearmaga na nosa sección web de FORMACIÓN.
Comentarios recientes