No sector forestal, saber actuar nos primeiros minutos pode marcar a diferenza.
Fearmaga organiza o curso “Primeiros auxilios no sector forestal”, unha formación esencial para dotar aos profesionais de coñecementos básicos que lles permitan reaccionar con rapidez e eficacia ante unha emerxencia ou accidente.
Traballar no monte implica, en moitas ocasións, facelo en zonas illadas, con difícil acceso para os servizos de emerxencia e afastadas das vías de comunicación, polo que unha primeira intervención adecuada pode ser clave para minimizar as consecuencias dun accidente.
Ao longo das 20 horas de formación presencial, os participantes adquirirán competencias fundamentais como:
- Avaliación da persoa accidentada
- Aplicación do protocolo PAS (Protexer, Avisar, Socorrer)
- Soporte vital básico e uso do DESA
- Actuación ante hemorraxias, traumatismos ou queimaduras
- Organización da evacuación en zonas forestais
Datas: 14, 15 e 16 de abril de 2026
Modalidade: Presencial
Prazas limitadas
Consulta o programa completo: PROGRAMA
🔗 INSCRICIÓN ABERTA. Non quedes sen a túa praza. A túa preparación pode salvar vidas.
Co financiamento de: Xunta de Galicia.
Comentarios recientes