Celebramos unha nova edición do curso presencial ‘Secado de madeira e normativa NIMF-15. Tecnoloxia, control e práctica’ celebrado nas instalacións da empresa Maderas Lata en Vedra.

O secado da madeira é un proceso clave na industria forestal, que require un rigoroso control técnico e un profundo coñecemento do comportamento da madeira. Ademais, a normativa NIMF-15 establece os requisitos fitosanitarios que debe cumprir a embalaxe de madeira no comercio internacional, cumprindo as esixencias de tratamento da madeira, o seu marcado e a documentación para manter a rastrexabilidade.

Agradecemos á empresa Maderas Lata a súa colaboración na organización, cedendo as instalacións para o desenvolvemento desta acción formativa.

Cofinanciado por XERA Axencia Galega da Industria Forestal